Hoxe, como cada 17 de maio, Galicia celebra o seu Día das Letras Galegas. Unha conmemoración que, fixada neste día pola data de publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, ten por obxectivo celebrar e promover a cultura propia do pobo de Galicia. Para isto, cada ano, a Real Academia Galega (RAG) decide dedicarlle este 17 de maio a un autor ou autora relevante para a súa literatura. Un nome que, para este 2018, recaeu na cuarta muller da historia desta efeméride.

María Victoria Moreno naceu en Estremadura, nun pequeno concello cacereño limítrofe con Portugal (Valencia de Alcántara, 1939). Filla de abogado e mestra, tivo durante a súa mocidade unha verdadeira paixón pola lectura e, a partir de aquí, tamén polas letras e as linguas -lembremos que na zona onde vivía conviven pacificamente o castelán co portugués. Así, tras pasar a súa mocidade en Cataluña, estudaría Filoloxía Románica en Madrid, onde chegou a ser alumna dos insignes Rafael Lapesa ou Dámaso Alonso.

Por vicisitudes da vida, María Victoria Moreno acabaría exercendo de profesora no Instituto Masculino de Lugo (hoxe coñecido como IES Lucus Augusti). Aquí foi cando naceu un grande amor entre ela e a lingua e a cultura propias de Galicia. Ata mesmo chegar ela a dicir que:

«A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor»

Durante o tempo que pasou nesta terra escribiu novelas, relatos, contos e ensaio, colaborou na elaboración de libros de texto, e mesmo chegou a dirixir Árbore da editorial Galaxia -orientada ao público infantil e xuvenil-. Entre a súa obra, destaca a novela xuvenil Anagnórise (Galaxia, 1988). Un libro que hoxe estarán lendo nas súas casas moitos nosos lectores de Galicia. Morrería aos 66 anos, a consecuencia dun cancro de mama.

Dende Fantasymundo queremos sumarnos á celebración con esta pequena lembranza en lingua galega, e reivindicarmos tamén a lectura, a escritura e a cultura como a forma de coñecemento e de progreso humano mellor que pode haber.

Por 1000 primaveras máis para a cultura galega! Noraboa!

FantasyTienda: Figuras, merchandising, juegos
Fco. Martínez Hidalgo
Filólogo, politólogo y proyecto de psicólogo. Crítico literario. Lector empedernido. Mourinhista de la vida.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.